A asociación de empresarios de Doade ultima a preparación da primeira Convivium Romana, que se celebrará o día 28 de agosto nesta localidade soberina. Para sacar adiante a iniciativa, que pretende rememorar o pasado romano da Ribeira Sacra ao tempo que promocionar turísticamente a zona, cóntase co traballo de varios artesáns da Asociación de artesáns da Terra de Lemos, Elías da Rectoral de Gundivós, que prepara pezas de olería para o xantar romano desta xornada e Pilar Rodríguez, que ELABORA detalles para a decoración dos escearios.
Durante o día 28 as actividades desenvolveranse entre A Cantina e a adega Regina Viarum, que xunto coa adega petrón, son os impulsores desta propostA, CO PATROCINIO DE LUGO TERRA (DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO). algunhas das actividades para esta xornada pasan por: presentación e desfile da III Cohors Lucensium, postos de artesanía, actuacións musicais e de malabares, ademáis de moitas outras sorpresas que se irán dando a coñecer a medida que se achegue o día da celebración.
Comentarios
Publicar un comentario